O obxeto do proxecto é a rehabilitación da fortaleza de O Castro (concello de O Barco de Valdeorras), declarada Ben de Interese Cultural (B.I.C) coa categoría de Monumento o 17 de novembro de 1.994.
O proxecto consiste en:
- a consolidación e posta en valor da Torre - Fortaleza e a Muralla Norte
- a creación dun mirador do val do Sil no interior da Torre
- o acondicionamiento do entorno mediante actuacións de urbanización que sirvan como pauta de referencia para o resto das intervencións que se realicen no núcleo de O Castro
Plantéxase a actuación como unha primeira fase dentro dun conxunto de intervencións en O Castro, cuxo obxectivo será a posta en valor do núcleo histórico e o estudo histórico e arqueolóxico do mesmo.