12/11/2010 ADAPTACIÓN DOS NÚCLEOS RURAIS Á LEI 2/2010, PXOM SARRIA
Con data 12 de novembro de 2010, o Pleno da Corporación Municipal do Concello de Sarria aprobou o Documento de Resolución de Alegacións e Adaptación dos Núcleos Rurais á Lei 2/2010.
A entrada en vigor desta lei obriga á adaptación dos plans aprobados inicialmente (como é o caso do PXOM de Sarria) ás súas determinacións. Nunha primera etapa procedeuse á adaptación do solo rústico e dos núcleos rurais, incluíndo a resolución das correspondentes alegacións. Este traballo completarase coa adaptación do solo urbano e urbanizable.
La documentación pode ser consultada na web do Concello.